PROXECTO DE ROBÓTICA NO CEIP MESÓN DO VENTO
No CEIP Mesón do Vento apostamos pola participación neste programa porque estamos convencidos de que a robótica debe ser unha ferramenta clave nas nosas aulas, polos numerosos beneficios que aportan á aprendizaxe do noso alumnado.
A través deste proxecto o noso centro educativo pretende desenvolver unha metodoloxía diferente, innovadora e creativa; que lle proporcione ao noso alumnado as competencias precisas para poder facer fronte ás dificultades e problemas do seu mañá.
Pretendemos que grazas á introdución da robótica nas nosas aulas, se asimilen conceptos do currículo dun xeito diferente e que os nenos e nenas se inicien nos seus primeiros pasos na linguaxe da programación e no uso das novas tecnoloxías.

O ROBOT MBOTPara levar a cabo este proxecto, contamos con 6 kits de robots MBOT.
O robot MBOT é un robot especialmente deseñado para ensinar e aprender robótica. Un robot baseado en Arduino, con suficientes sensores e motores para deseñar un gran número de proxectos. É sinxelo de montar e as conexións son simples, xa que non é preciso soldar ningunha peza. Para programalo utilízase un software gratuíto baseado en Scratch. |
proxecto introdución á robótica en primaria
Con este programa, búscase introducir de maneira curricular a robótica e o pensamento computacional, e polo tanto a programación, na etapa de educación primaria nos cursos 4. º, 5. º e 6. º.
Esta acción enmárcase na Estratexia Galega de Educación Dixital (Edudixital 2020). |