ACTIVIDADES
Aquí iremos colgando todas as actividades e tarefas realizadas polo alumnado en relación coa robótica e co proxecto.
|
RETO ROBÓTICO 1 EN 5.º DE PRIMARIA: DRAWBOT
En 5º de primaria estamos a traballar robótica mediante o logro de retos que iremos popoñendo ao longo do curso. O primeiro dos retos tratábase de construír un robot simple ao que chamamos Drawbot. Os Drawbots son máquinas que transforman a vibración dun motor nun movemento aplicado a ferramentas de debuxo, como poden ser uns rotuladores. O eixe do motor transmitirá unha vibración circular e esta quedará plasmada en patróns circulares máis ou menos perfectos .Son moi divertidos de construír e mirar debuxar. Unha das formas máis comúns de alimentalos é usar un circuíto sinxelo cunha batería de 1,5v e un motor de corrente continua con peso descentrado do seu eixe para crear vibracións.
Así foi o noso proceso de fabricación, ao final do cal creamos unha pintura abstracta ao estilo de Wassily Kandinsky ou de Jackson Pollock

VIDEOCONFERENCIA CO COLEXIO MUSTAFA KEMAL (TURQUÍA) (ACTIVIDADE 1. º DE PRIMARIA)
O martes 27 de novembro varios cursos do centro realizamos unha videoconferencia cun colexio de Turquía.
Esta actividade enmarcase dentro do proxecto "A funny school year" que estamos levando a cabo dentro da plataforma e-Twinning.
Na videoconferencia ensinámoslles algúns dos nosos traballos relacionados co outono e dos robots MBOT que programamos.

COÑECENDO A MBOT (ACTIVIDADE 1. º DE PRIMARIA)
Esta semana recibimos os 6 kits de robótica cos que traballaremos este ano.
Así que o mércores fumos ao laboratorio e puxémonos mans á obra e montamos o primeiro robot. A verdade que para ser o noso primeiro traballo robótico, fixémolo de marabilla!

Estabamos tan emocionados que decidimos compartilo con outros compañeiros e compañeiras do centro.
CHARLA INFORMATIVA COAS FAMILIAS
O mércores 19 de decembro realizamos unha xornada informativa coas as familias. O obxectivo principal desta charla era que os pais en nais coñecesen o proxecto de “Introdución á robótica en primaria”, en que consiste, con que materiais estamos a traballar, que é o que xa sabemos facer...
Na primeira parte da xornada, os profesores Ariadna e Xesús xustificaron e explicaron ás familias, a importancia de levar a cabo este proxecto no noso centro, describindo todas as actividades e tarefas a realizar.
Nunha segunda parte, o alumnado de 1.º de Educación Primaria presentou diferentes tipos de robots educativos cos que estamos a traballar: a Codioruga, Beebot, Escornabot, Jack, LEGO WEDO... e por suposto, o MBOT.
Un grupo de nenos/as montaron en directo, peza a peza, o MBOT e posteriormente outro grupo explicou paso a paso o seu funcionamento e programación a través da tablet.
A continuación, o alumnado de 5. º de Educación Primaria mostrou dous robots que construíran coas súas mans.
Despois explicaron como funciona o Scratch e o programa do MBOT, xa que teñen a mesma interfaz.
Puxeron exemplos do uso dos diferentes sensores e proxectos que podemos realizar combinándoos con MBOT.
Rematamos a xornada agradecendo ás familias a súa asistencia e interese e convidándoos á fería robótica que levaremos a cabo a finais de curso.

CONVERTÉMONOS EN ROBOTS! (ACTIVIDADE 4. º DE PRIMARIA)
Sabedes como funcionan e pensan os robots? Imos a investigalo converténdonos nós mesmos en un deles, para iso faremos un xogo por grupos, un de vós será o robot e o resto darán as instrucións para conseguir chegar á biblioteca, pero ollo….., tedes que pensar que os robots necesitan instrucións claras e precisas, que grupo o conseguirá? Preparados, comezamos!! =)
CONSTRUCTORES EN ACCIÓN (ACTIVIDADE 4. º DE PRIMARIA)
Unha parte moi importante que temos que ter en conta para robótica é saber construír e deseñar robots, para isto, necesitamos deixar voar a nosa imaxinación e creatividade.
Comecemos construíndo modelos máis sinxelos e pouco a pouco iremos complicándoos, a ver que deseños aparecen en cada grupo.

O ALUMNADO DE 5. º DE PRIMARIA AMÓSALLE AO ALUMNADO DE 1. º OS SEUS ROBOTS
O alumnado de 1. º de primaria acudiu á aula de 5. º para poder ver de cerca o funcionamento dos seus robots: o drawbot e o brushbot.
O alumnado de 5. º amosóulles os bocetos previos e o funcionamento de cada un dos seus robots.
Moitas grazas!

OS ROBOTS CHEGAN Á AULA DE 3 ANOS
O primeiro día tomamos contacto co novo robot e cada pequen@ foi experimentando como funcionaba, que pasaba cando lle pulsabamos cada botón. Logo usamos as tarxetas para indicar que movementos queriamos que realizara o robot, comezando así a programar.
Despois de experimentar usamos o Jack para indicar o día da semana nas rutinas. Dende principios de curso contamos o conto da Eiruga larpeira para identificar o día da semana, polo cal realizamos un taboleiro coas froitas que aparecen no conto. Este taboleiro foi realizado coa axuda dos pequenos/as, os cales colorearon e colocaron as froitas na cadricula que lle gustou. Unha vez identificado o día da semana deberán programar o robot para que chegue o día correspoondente, as veces axudámonos das tarxetas para saber que movementos ten que realizar.

COMEZAMOS A EXPERIMENTAR CON LEGO WEDO 2.0 (ACTIVIDADE 1. º DE PRIMARIA)
Para preparar a próxima Feira de Robótica estamos probando e experimentando con todos os robots que temos no centro.
Ultimamente estamos traballando cos LEGO WEDO, e a verdade é que nos gustan moito.

SON UN ROBOT (ACTIVIDADE DE 4. º DE INFANTIL)
Nesta actividade intentamos que os pequenos interioricen os movementos que deben realizar para chegar a un obxectivo. Desta maneira vivencian a través do seu corpo e dos seus movementos a programación dun robot.
Axudámonos dunha colchoneta puzzle de cadrados, onde cada cuadrícula semella a cuadrícula dos modelos dos nosos robots.
1ª actividade: dígolle o neno/a a que número se debe desprazar partindo do número 0. Para facilitar os seus movementos axudaranse das tarxetas do jack.
2ª actividade: colócase o neno/a no número 0 e un compañeiro vai ser o que programe o “robot” para chegar o seu destino. Escribo o número nunha pizarra pequena que ven todos os nenos/as menos o neno que vai exercer de robot. Logo o compañeiro/a debera coller as tarxetas correctas para que o robot chegue o número escrito na pizarra.

O MEU NOME (ACTIVIDADE 4. º DE INFANTIL)
Cada neno/a escribe o seu nome en folios de cores, recortan e pegan na cuadricula que mais lle gusta. Logo decoran con gomets o seu gusto realizando un novo taboleiro.Unha vez realizado, plastificámolo para poder comezar a xogar. Cada neno/a busca o seu nome e programa o Jack para que chegue o seu nome, tamén pode facer o mesmo cos nomes dos compañeiros.
reto robótico 2 en 5. º de primaria:brushbots
Os Brushbots son un tipo de robot sinxelo e divertido que fabricamos a partir de materiais de refugallo ou que tiñamos na casa. Baséanse no movemento por vibración empregando a superficie do cepillo para moverse e un motor con eixe descentrado para producir a vibración. Son fáciles de construír e non necesitamos ningunha experiencia previa coa robótica.
Podedes facelos correr uns contra os outros, ou incluso facer loitas de sumo.
Para a súa fabricación os elementos esenciais son: un cepillo non moi grande, un motor, unha peza para descentrar o xiro do eixe, unha pila que mova o motor e imaxinación e creatividade para darlle a forma que máis che guste.
No vídeo podes ver os que nos creamos e algunha imaxe do proceso de deseño, prototipado e montaxe.

COÑECEMOS AS PARTES DE MBOT (ACTIVIDADE 4. º DE PRIMARIA)
Imos comezar vendo as pezas que ten o Mbot e as ferramentas que necesitamos para poder montalo. Asíque que vos parece se facemos un xogo para ir coñecéndoas?
En 2 grupos a mestra di o nome dunha peza e deben buscala, o primeiro que a encontre gaña un punto. Unha vez que as van coñecendo en vez de decir a mestra a peza, vana decindo os alumnos.

Os alumnos de 4º preséntannos as partes e ferramentas que necesitamos para montar o Mbot, conseguirano montar?
EXPERIMENTAMOS CO MAKEY MAKEY (ACTIVIDADE DE TODA PRIMARIA)
Os alumnos de Mesón do Vento estivemos probando a improvisar música pero desta vez non con instrumentos convencionais, sabedes que se nos ocurriu? Facer música con froitas e outros materiais!!
OS NOSOS ROBOTS (ACTIVIDADE 6. º DE PRIMARIA)
MONTAXE E PROGRAMACIÓN DO MBOT (ACTIVIDADE EN 4. º DE PRIMARIA)
Convertímonos en enxeñeiros para montar os nosos robots, pero pensamos que non se nos da tan mal, pois parece que os robots si que funcionan.
Chegou o momento de programar, imos comezar vendo como funciona o programa mBlock, así que mans á obra!!
EXPERIMENTANDO CO MATATALAB (ACTIVIDADE DE 4. º DE PRIMARIA)
Temos un novo robot no centro, e como non podía ser de outra forma, os alumnos de 4º quixemolo coñecer, sabedes como se chama? Conseguiremos facer o percorrido ata chegar a bandeira verde?
XOGAMOS CON BLUEBOT EN MÚSICA (ACTIVIDADE CON INFANTIL E PRIMEIROS CURSOS DE PRIMARIA)
Os nenos de 4 e 5 anos repasan os instrumentos de percusión coa axuda dun novo amigo do cole, o noso querido robot “Bluebot”!!!=)
Os nenos e nenas de 1. º non deixan de sorprendernos, utilizan a robótica para coñecer os instrumentos de vento en inglés!!:D
En 3. º repasamos os instrumentos de vento madeira e vento metal de forma máis divertida!!;P
TRAILER MAKER FAIRE
A TENDA DE ROBOTS.
Os alumnos/as de Relixión Católica xunto coa mestra levaron a cabo un proxecto denominado "A Tenda de Robots".
ROBÓTICA CON COLOUR MONSTER.
Ao longo da terceira avaliación, na clase de Lingua Estranxeira, traballamos o conto “ The colours monster” nos cursos 4. º de EI,
1. º, 2. º e 3. º de EP. Por suposto sempre adaptando a lectura ao nivel do alumnado.
Para acercar aos nenos e nenas á robótica e con elo á programación decidín que podíamos, entre os diferentes cursos, realizar unhas plantillas para os robots dos que dispoñemos (Jack, Bluebot, BB8 e Cyber).
Os primeiros pasos déronnos os alumnos e alumnas de 3. º de EP. primaria medindo e calculando o número de recadros que debería ir en cada folio tamaño A3. Despois, as nenas e nenos de 4. º de EI repasaron ditos recadros con ceras, para logo pintalos das cores das emocións e así ir aprendendo os seus nomes en inglés (Red, Yellow, Blue, Black, Green, e Pink). O alumnado de 1. º de EP escribiron o nome das cores en Inglés. Fixemos dúas plantillas iguais xa que o Jack e o Bluebot teñen unha programación moi similar.
Para incrementar a dificultade e que puidera ser máis motivadora para os cursos de 2. º e 3. º de EP, engadímoslle os nomes das emocións en inglés (Happiness, Sadness, Fear, Calm, Anger e Love) que eles mesmos escribiron.
Agora viña a parte máis innovadora e motivadora para eles, aprender a programar. Os cursos de 4. º de EI e 1. º de EP xa tiñan nocións porque as súas titoras estaban dentro do proxecto de robótica, pero os outros cursos apenas tiñan coñecementos previos, polo que partíamos case de 0.
Nos cursos inferiores pregúntanse polas cores (What colour is it? ) e polos sentimentos (How are you? Angry, Happy, Scared, Calm...) tratando de dar unha resposta que marque o lugar cara onde deben programar ao robot. Ao mesmo tempo tamén traballan a numeración (One, Two, Three, Four, Five , Six).
Os cursos máis altos ademais engaden a dificultade da lateralidade (left, right, straight, back) e os nomes das emocións (Happiness, Sadness, Fear, Calm, Anger e Love).
Como a actividade tivo moi boa acollida, tamén fixemos unha plantilla en cartolina de tódalas cores en inglés.
Para o robot Cyber de Clementoni utilizamos material reciclado e utilizamos a súa propia caixa de embalaxe para facer a súa plantilla a cal engadimos dous sentimentos máis. Estar canso (Tired) e famélico (Hungry).

I MAKER FAIRE CEIP MESÓN DO VENTO
O venres 31 de maio levamos a cabo a I Maker Faire do noso centro, onde poidemos amosar a toda a comunidade educativa o traballo desenvolto ao longo de todo o curso.
Os diferentes grupos que participaban no Proxecto de Introdución á robótica contaban con diferesntes stands nos que expoñían e explocaban os diferentes proxectos.
Aquí vos deixamos as fotografías para que poidades ver o éxito que foi esta I Feira.

nOTICIEIRO "MESÓN INFORMA"
Con motivo da I Maker Faire elaborouse un noticieiro no que poder recoller a nosa experiencia. Agardamos que vos guste!
SAÍMOS NA PRENSA!
"La Voz de Galicia" fíxose eco da nosa I Maker Faire. Podedes ver o artigo aquí: